Saltar ao contido principal

A importancia da formación como docentes no ámbito da arquitectura


 

A ensinanza da arquitectura como disciplina específica realízase dentro do ámbito universitario. Certo é que o alumnado recibe certa formación, durante o ensino secundario, sobre aspectos espaciais, formais e técnicos, pero a aplicación destes coñecementos ao proxecto non se realiza, en moitos casos, antes do ensino superior.

As que traballamos nese contexto vémonos moitas veces limitados pola carencia dunha formación como educadores antes de acceder á docencia, ou durante os primeiros anos, que nos permitise desenvolver o antes posible o noso potencial como profesoras e educadoras, co conseguinte beneficio para as alumnas. E isto considerando as enormes posibilidades educativas do feito arquitectónico, como xa sinala Teresa Romañá Blai, da Universidade Autónoma de Barcelona, no seu interesante artigo Arquitectura y educación: perspectivas y dimensiones publicado en 2004 na Revista Española de Pedagogía: 

El medio arquitectónico no sólo induce funciones, facilitando o dificultando movimientos, promoviendo o entorpeciendo la ejecución eficaz de tareas, etc., sino que transmite valores, promueve identidad personal y colectiva, favorece ciertas formas de relación y convivencia. En suma, se hace lugar y educa.
 O artigo completo está dispoñible no seguinte enlace: 
https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/995398.pdf

Comentarios