Esquema dun PLE para o ámbito educativo No ámbito educativo cobran importancia as redes sociais académicas como ferramentas de xestión de contactos, por riba de outras máis persoais como pode ser facebook ou twitter, nalgúns casos. A información procede en moitos casos de bases de datos especializadas, además de webs e blogues deste mesmo ámbito académico. As ferramentas en liña permítennos xestionar tanto os contactos, coma a información e os contidos propios, ademáis do noso tempo, almacenamento e as propias aplicacións. O obxectivo último é a creación dos novos contidos e a súa divulgación.
A ensinanza da arquitectura como disciplina específica realízase dentro do ámbito universitario. Certo é que o alumnado recibe certa formación, durante o ensino secundario, sobre aspectos espaciais, formais e técnicos, pero a aplicación destes coñecementos ao proxecto non se realiza, en moitos casos, antes do ensino superior. As que traballamos nese contexto vémonos moitas veces limitados pola carencia dunha formación como educadores antes de acceder á docencia, ou durante os primeiros anos, que nos permitise desenvolver o antes posible o noso potencial como profesoras e educadoras, co conseguinte beneficio para as alumnas. E isto considerando as enormes posibilidades educativas do feito arquitectónico, como xa sinala Teresa Romañá Blai, da Universidade Autónoma de Barcelona, no seu interesante artigo Arquitectura y educación: perspectivas y dimensiones publicado en 2004 na Revista Española de Pedagogía: El medio arquitectónico no sólo induce funciones...